Cultura, ocio e tempo de lecer:
A importancia dun concello non se define polo tamaño do seu territorio, nin polo maior ou menor número de habitantes, senón máis ben pola calidade de vida que ofrece. A calidade de vida mídese, entre outras cousas, polo grao de acceso dos cidadáns aos medios de educación e cultura.
Dende este servizo trabállase na busca dos seguintes obxectivos:
• Incentivar e favorecer a creación cultural, creando novos espazos para a cultura e apoiando material e economicamente os procesos creativos.
• Rendibilizar os investimentos culturais, programando actividades para tódalas idades e durante todo o
ano.
• Fomentar o asociacionismo, favorecendo así a participación cidadá e poñendo a disposición dos veciños recursos, programas e espazos para o lecer e a creación.
• Descentralizar a oferta cultural, desenvolvendo unha rede de centros socioculturais en distintos lugares e parroquias.
• Promover a conservación do patrimonio cultural, organizando e patrocinando todos aqueles eventos en favor da tradición cultural e festiva do noso Concello.
MAIORES
• Excursións
• Obradoiros de memoria, risoterapia, baile…
ACTIVIDADES CULTURAIS
• Certame Artístico Terras de Aguiar
• Diferentes exposicións
• Programa “Camiños de Cultura”
• “Veñen os Reis”
• Entroido
PROGRAMA DE VOLUNTARIADO SOCIAL
• Voluntariado Social e Ambiental
Noticias da área de Cultura, ocio e tempo de lecer:

Galería | Campamento Escola de Música
En nos Gozos celebrouse un campamento organizado pola Escola de Música do Pereiro de Aguiar. Aquí teñen fotografías do evento Grazas a todos por asistir.

VII Festa Etnográfica do Pereiro de Aguiar 12 de Xullo | Programación
O vindeiro 12 de xullo, o Pereiro de Aguiar volverá celebrar unha xornada dedicada á tradición, á cultura popular e aos oficios de sempre. Durante

26-06 Circo Menudo | Espectáculo para público familiar
Finalmente temos unha nova data! O día 26 de Xuño ás 20:30 horas no Auditorio dos Gozos, levarase a cabo a presentación do “Circo Menudo”

III BTT CAMP PEREIRO DE AGUIAR | COMPLETO | PROGRAMACIÓN
Organizado por Maese Bike para os nados entre 2009 e 2017. MÍNIMO 10 PARTICIPANTES HORARIO: 10.00 – 13.00 Hs. LUGAR: PAVILLÓN MUNICIPAL – ENTORNO MONTE

Galeria Ruxido Fest | Foi un Exito
O Ruxido Fest foi todo un éxito! A Zona Monterrei vibrou cunha noite chea de música, baile, enerxía e moitas ganas de gozar. Grazas a

ACTUACIÓNS NO CAMPO DOS GOZOS | 20-06
Grupo de Pandeireteiras, do Pereiro de Aguiar “As Lapacaldas” Grupo de Acordeóns “Airiños de foles” 20 de Xuño | Campo dos Gozos | 19:30H

Ruxido Fest | DENIAL 404
Talento xove local, con ganas de demostrar, dalo todo e arrasar no gran concerto que dará o pistoletazo de saida a esta primeira edición do

Ruxido Fest | Horarios Programación | Transporte
O Ruxido Fest está cada vez máis preto e xa podemos anunciar os horarios oficiais desta edición. O vindeiro sábado 13 de xuño, a Zona


