Cultura, ocio e tempo de lecer

A importancia dun concello non se define polo tamaño do seu territorio, nin polo maior ou menor número de habitantes, senón máis ben pola calidade de vida que ofrece. A calidade de vida mídese, entre outras cousas, polo grao de acceso dos cidadáns aos medios de educación e cultura.

Dende este servizo trabállase na busca dos seguintes obxectivos:
• Incentivar e favorecer a creación cultural, creando novos espazos para a cultura e apoiando material e economicamente os procesos creativos.
• Rendibilizar os investimentos culturais, programando actividades para tódalas idades e durante todo o
ano.
• Fomentar o asociacionismo, favorecendo así a participación cidadá e poñendo a disposición dos veciños recursos, programas e espazos para o lecer e a creación.
• Descentralizar a oferta cultural, desenvolvendo unha rede de centros socioculturais en distintos lugares e parroquias.
• Promover a conservación do patrimonio cultural, organizando e patrocinando todos aqueles eventos en favor da tradición cultural e festiva do noso Concello.

MAIORES
• Excursións
• Obradoiros de memoria, risoterapia, baile…

ACTIVIDADES CULTURAIS
• Certame Artístico Terras de Aguiar
• Diferentes exposicións
• Programa “Camiños de Cultura”
• “Veñen os Reis”
• Entroido

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO SOCIAL
• Voluntariado Social e Ambiental

Noticias da área de Cultura, ocio e tempo de lecer:

Cultura, Ocio e Tempo de Lecer

Ciclo Mestre Mateo | Deuses de pedra

O Concello do Pereiro de Aguiar acolle o 4 de xullo, ás 21.00 horas, no Auditorio dos Gozos, a proxección do documental Deuses de pedra,

Cultura, Ocio e Tempo de Lecer

Ciclo Mestre Mateo | Sirāt

O Concello do Pereiro de Aguiar acolle o 3 de xullo, ás 21.00 horas, no Auditorio dos Gozos, a proxección da película Sirāt, dentro da

Cultura, Ocio e Tempo de Lecer

Ciclo Mestre Mateo | Antes de Nós

O Concello do Pereiro de Aguiar acolle o 2 de xullo, ás 21.00 horas, no Auditorio dos Gozos, a proxección da película Antes de nós,

Cultura, Ocio e Tempo de Lecer

Ciclo Mestre Mateo | Ao son da nova regueifa

O Concello do Pereiro de Aguiar acolle o vindeiro 1 de xullo, ás 21.00 horas, no Auditorio dos Gozos, a proxección do documental Ao son

Cultura, Ocio e Tempo de Lecer

3 de Xullo | Contacontos “Aldara na montaña”

O Concello do Pereiro de Aguiar continúa coa súa programación cultural cunha nova actividade dirixida ao público familiar. O vindeiro 3 de xullo, ás 20.00

Cultura, Ocio e Tempo de Lecer

Galería | Circo Menudo 26/06

O día 26 de xuño, ás 20:30 horas, no Auditorio dos Gozos, levouse a cabo a presentación do “Circo Menudo”, coa colaboración de Tanit e