É un verdadeiro gusto anunciar que un dos artistas confirmados do Ruxido Fest é: DUMORE
Coa súa enerxía, ritmos urbanos e unha proposta musical feita para non deixar a ninguén quieto, DUMORE chega ao Ruxido Fest preparado para facer vibrar o Pereiro de Aguiar.
O artista foi conquistando o seu espazo nas plataformas musicais con temas que acumulan milleiros —e mesmo millóns— de reproducións, destacando cancións como “Maleanta”, un dos seus maiores éxitos, xunto con lanzamentos como “Vodoo” ou “Babaloo”, que consolidan un son fresco, potente e pensado para facer bailar.
Se aínda non o coñeces… este é o momento perfecto para descubrir unha das propostas urbanas que promete facer tremer o escenario.
Xa o coñeces? Pois prepárate, porque toca subir o volume e vivir o espectáculo.
A súa música xa está dispoñible en Spotify e nas principais plataformas dixitais.
Estade moi atentos, porque en breve seguiremos desvelando máis artistas que formarán parte desta edición do Ruxido Fest.
A entrada será libre e gratuíta. O rugido está a piques de comezar.

