É un verdadeiro pracer seguir descubrindo o cartel de Ruxido Fest, unha cita que nace coa vontade de poñer en valor a música, a cultura e o talento.
Ademais de LG1DO, nesta edición contaremos coa participación de DUMORE, GROOVE AMIGOS, DMIRON e MARCOS GRAMOLA, no escenario da Gramola co Denial 404 en concerto.
Propostas musicais que achegarán estilos, enerxía e personalidade propia a unha programación pensada para todos os públicos.
Cada un deles representa unha parte importante da diversidade artística que queremos reunir en Ruxido Fest: voces emerxentes, proxectos con identidade e artistas capaces de conectar co público a través da música en directo.
Dende a organización queremos agradecer a súa participación e convidar a todo o mundo a estar atento ás vindeiras novidades.
Ruxido Fest segue medrando. Estade atentos!

