Programa BenOurense
Subvencións de emerxencia social polo COVID 19
Constitúe o obxecto destas bases a regulación da concesión, pola Deputación Provincial de Ourense, de subvencións a persoas físicas que estean en situación de vulnerabilidade social ou económica sobrevida ou acentuada como consecuencia da pandemia do COVID-19 e precisen atender as súas necesidades mais básicas e inmediatas.
REQUISITOS
- A) Ter cumpridos 18 anos de idade no momento de presentar a súa solicitude.
- B) Ter dificultade para atender economicamente as súas necesidades básicas.
- C) Que ningunha persoa integrante da unidade de convivencia da que forma parte a persoa solicitante tramitase outra axuda ao abeiro desta convocatoria.
- D) Figurar empadroada nalgún municipio de menos de 20.000 habitantes da provincia de Ourense polo menos os 6 meses previos.
CONTIA SUBVENCION
A subvención á que poderán acceder as persoas solicitantes será de 100 euros mensuais durante un tempo máximo de 3 meses, cun total de 300 euros. Dita axuda realizarase a través da entrega dunha tarxeta emitida pola entidade financieira Abanca, co destino final de efectuar o gasto en establecementos comerciais de carácter local (textil, calzado, alimentción, farmacia).
DOCUMENTACION A PRESENTAR
As solicitudes deberanse presentar a través dos servizos sociais dos concellos ou mancomunidades correspondentes ao municipio de empadroamento da persoa solicitante.
PRAZO SOLICITUDES
Do 29 de abril ao 30 de novembro de 2020.
O prazo durante o que estará activa a tarxeta para efectuar gasto será ata o 31 de marzo do ano 2021.
CONTACTO:
988 259 385 – 685 528 538
ssociales@concellopereiro.com