Medidas en relación co servizo de recadación do imposto de vehículos de tracción mecánica

Medidas en relación co servizo de recadación do imposto de vehículos de tracción mecánica

O SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO EXCMO. CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR.

FAI SABER:

Que conforme ó disposto no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o Estado de alarma para a xestión da situación da crises sanitaria polo COVID-19 e a Resolución do 15 de marzo do 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se da publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19, ditouse por esta Alcaldía Resolución do expediente No 541/2020 do 17/03/2020, na que se ESTABLECEN AS SEGUINTES MEDIDAS EN RELACIÓN CO SERVIZO DE RECADACIÓN DO IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA (IVTM 2020):

PRIMEIRO.- A oficina de recadación permanecerá pechada polo período que se establece na declaración do Estado de Alarma. Para calquera xestión que os administrados queiran facer deberana realizar telefonicamente, sendo os teléfonos de contacto do Servizo de Recadación os seguintes: 988 22 62 14 – 988 25 93 85

Como consecuencia desta situación especial e mediante Resolución de Alcaldía de 30 de abril de 2020, establécense as seguintes medidas:

PRIMEIRO.- O período de cobro do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) do 2020, que finalizaba o 04/05/2020, queda prorrogado ata a data do 30/06/2020. Os recibos emitidos anteriormente serán válidos para o pago aínda que figure como data límite o 04/05/2020.

Podéndose facer o pago de dito imposto dende o 1/03/2020 ata a data de 30/06/2020.

No caso dos recibos domiciliados serán cargados a mediados do mes de maio de 2020.

SEGUNDO.- No caso de AUTOLIQUIDACIÓNS, os administrados deberán comunicarse telefonicamente coa oficina de Recadación, que lles facilitará o recibo para proceder ao seu pago.

TERCERA.- Os pagos dos tributos e prezos públicos municipais farase mediante transferencia bancaria ou nos caixeiros automáticos das Entidades Colaboradoras (ABANCA). No caso de escoller a transferencia bancaria a oficina de recadación facilitará o IBAN da conta de Recadación onde deben realizar os ingresos.

Descargar BANDO con máis información