PROCESO PARTICIPAVO ESTRATEXIA PROVINCIAL DE INFRAESTRUTURA VERDE- GREEN GAP

A Deputación de Ourense, é socio do proxecto GREEN GAP cofinanciado a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027, no que colaboran, entre outros, o Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia  e a Universidade da Coruña.

Unha das actividades do proxecto é a elaboración da  Estratexia Local de Infraestrutura Verde e Adaptación ao Cambio Climático da Provincia de Ourense, a cal leva consigo a celebración de dous encontros participativos -dirixidos por un equipo investigadores da Universidade de A Coruña-, nos que se abordarán, xunto ás persoas asistentes, os principais aspectos que debería recoller e resaltar este documento estratéxico de planificación territorial.

Difundimos a consulta online a través da presente ligazón que lle deixamos a continuación. Nese visor pode seleccionar calquera municipio e abrir a súa correspondente enquisa sobre infraestrutura verde.

ℹ️ 🌱Máis información na páxina oficial de Green – Gap.