BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO CONCURSO PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA GASTOS DE INVESTIMENTO DE ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DE OURENSE
BENEFICIARIOS
- Poderán ser beneficiarias das subvencións as asociacións veciñais que reúnan os seguintes requisitos na data de publicación no Boletín Oficial da Provincia da convocatoria regulada nestas
BASES
- Estar inscritas no Rexistro Provincial de Asociacións de Ourense, dependente da Xunta de Galicia.
- Ter o seu domicilio social na provincia de Ourense, circunstancia que deberá constar na inscrición no rexistro da Xunta de Galicia.
2. Para os efectos destas bases, consideraranse asociacións veciñais as asociacións cuxos fins sexan a defensa, en xeral, dos dereitos e intereses dos veciños dun determinado ámbito territorial.
OBXECTIVO
O obxecto destas bases é a regulación da tramitación e concesión, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, de subvencións ás asociacións veciñais de Ourense, para realizar investimentos, tanto para a adquisición de inmobles e equipamento como para realizar pequenas obras en inmobles da súa titularidade ou dos que lle corresponda un dereito de uso, coa finalidade de mellorar a calidade de vida local e fomentar e dinamizar a participación veciñal e a cohesión social.
