Presentación da estratexia de promoción da saúde e prevención no sistema nacional de saúde no Pereiro de Aguiar

Presentación da estratexia de promoción da saúde e prevención no sistema nacional de saúde no Pereiro de Aguiar

O Concello de O Pereiro de Aguiar adheriuse  á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional da Saúde que responde aos problemas de saúde máis relevantes da poboación e ofrece a todos os municipios a posibilidade de avanzar aproveitando a experiencia acumulada. Un exemplo de elo son os municipios da Rede Española de Cidades Saudables (RECS) da que formaremos parte.

Esta Estratexia propón o desenvolvemento de accións dirixidas a promocionar a saúde, previr as enfermidades, as lesións e a discapacidade, actuando de maneira integral durante todo o curso da vida sobre factores como a actividade física, a alimentación, o tabaco, o alcohol e o benestar emocional, tendo en conta as contornas nas que vive a poboación.

As actuacións que se poñerán en marcha nunha primeira fase céntranse en:

  1. Facilitar información de calidade para que todas as persoas poidan desenvolver estilos de vida saudables.
  2. Facilitarase información e colaboración dos recursos (sanitarios ou non) dispoñibles na zona para promover estilos de vida máis saudables. Deste xeito, coordinaranse os recursos ofrecidos na contorna sanitaria, cos dispoñibles na comunidade e na contorna educativa.
  3. Focalizaranse estas accións en poboación infantil, durante o embarazo e a lactación e na poboación adulta.
  4. Para a poboación maior de 70 anos, desenvolveranse plans de seguimento individualizado para a mellora da saúde e de prevención da fraxilidade. A finalidade é que a poboación maior manteña o maior nivel de autonomía o máximo de tempo posible.

Para a implementación da Estratexia é necesaria a constitución dunha mesa de coordinación intersectorial do municipio que contará con axentes do ámbito educativo, sanitario, transporte, deporte, asociacións,  urbanismo, etc.  Tamén se identificarán os recursos existentes para a promoción da saúde e a prevención no municipio mediante un mapeo de recursos.

Convidámolo a participar nesta presentación que terá lugar:

  • DATA:  20 OUTUBRO
  • HORA: 10:00h
  • LUGAR:  SALÓN ACTOS DO CENTRO DE DIA OS GOZOS

AFORO LIMITADO MEDIDAS COVID

CONFIRMACIÓN ASISTENCIA NO TELÉFONO 988 31 59 03 / 988 25 93 85 SERVIZOS SOCIAIS