PEREIRO LIMPO E BONITO
Aprende a enviar os residuos aos contedores correctos e melloremos a reciclaxe entre todos 🙂
Envases de plástico, latas e briks
- Os envases deben estar baleiros antes de depositalos neste contedor.
- Non se deben introducir uns dentro doutros.
- Convén pregar os envases que o permitan para que ocupen o menor espazo posible.
Papel e cartón
- O papel e o cartón non deben conter elementos accesorios: argolas metálicas, grampas, arames, espirais, etc…
- É necesario pregar as caixas e introducilas pola ranura do contedor. Se as deixamos á beira do recipiente, móllanse e contamínanse, impedindo a súa posterior reciclaxe.
Envases de vidro
- Antes de introducir un envase de vidro no iglú verde, é preciso optar por reutilizalo para outras aplicacións. As posibilidades son múltiples.
Fracción Resto
- Aproveita ao máximo os alimentos e evita tiralos ao cubo do lixo.
- Non introduzas neste recipiente os refugallos susceptibles de ser reciclados.
- Utiliza o punto limpo para depositar os residuos especiais ou voluminosos.