O Concello do Pereiro de Aguiar informa do inicio da campaña de Compostaxe Doméstica 2025, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense. Anímase a toda a veciñanza a solicitar un composteiro gratuíto, co cal poderán acceder á tarifa reducida na taxa do lixo (30% de desconto), quedando a un custo anual de 55,95€ (13,99 €/trimestre).
? Requisitos para participar:
- Comprometerse a estar presente nas visitas programadas (entrega do composteiro e manual de uso).
- Ter a primeira residencia no Concello do Pereiro de Aguiar.
- Non ter participado en campañas anteriores.
- Dispoñer dun mínimo de 50 m² de horta ou xardín.
⬇️ ℹ️ Consulta toda a información no seguinte tríptico



