Dentro do novo servizo de asesoramento técnico en materia de vivenda axúdase aos mozos e mozas na solicitude do Bono Alugueiro Mocidade, unha axuda económica destinada a facilitar o acceso á vivenda a persoas menores de 36 anos.
A nova convocatoria do Bono Alugueiro Mocidade está dotada cun orzamento de 13 millóns de euros durante dous anos, co obxectivo de subvencionar parte do custo do alugueiro. O programa ofrece unha axuda mensual de 250 euros, prorrogable por dous anos, para o pago da renda.
A partir do próximo 28 de febreiro, as persoas interesadas poderán solicitar esta axuda, sempre que cumpran os seguintes requisitos:
- Ser menor de 36 anos.
- Estar en posesión dun contrato de alugueiro en vigor.
- Ter unha fonte regular de ingresos que non supere 3 veces o IPREM.
- Que o prezo do alugueiro non supere os 400 euros ao mes.
Os tipos de alugueiro subvencionables inclúen o alugueiro dunha habitación ou dunha vivenda completa.
Para tramitar a solicitude, será necesario presentar a seguinte documentación:
- Contrato de alugueiro en vigor.
- Volante de empadroamento.
- Referencia catastral do domicilio.
- Xustificante da fonte regular de ingresos.
O Concello ofrecerá este servizo de asesoramento con cita previa, todos os venres de 10:00 a 14:00 horas, nas instalacións do propio concello. Para solicitar cita, pódese chamar ao teléfono 622 387 058 ou enviar un correo electrónico a info@pereiro.gal.
Este servizo tamén ofrece información sobre outros programas de axudas en materia de vivenda a nivel autonómico, estatal e europeo, dirixidos a particulares, comunidades de propietarios e empresas.
O Concello de O Pereiro de Aguiar reafirma así o seu compromiso en apoiar á mocidade para acceder a unha vivenda digna e asequible.