
Este novo servizo, considerado por ambos concellos como “fundamental”, estará atendido por técnicos especialistas na materia, coa fin de informar, asesorar e axudar á veciñanza respecto ás múltiples axudas públicas que existen nesta materia: alugueiro, compra, rehabilitación, e mecanismos como a promoción de materiais autóctonos que bonifican ata nun 50% o custe das obras, cun máximo de 40.000 euros.
Esta oficina de asesoramento beneficiará a máis de 12.500 persoas dunha zona “extraordinariamente dinámica no social e no empresarial con altísima demanda de vivenda e que virá a cubrir unhas necesidades que os nosos veciños e veciñas nos piden cada vez máis”, sinalan os alcaldes de San Cibrao e Pereiro, Marta Nóvoa e Luis Menor, respectivamente.