O Concello do Pereiro de Aguiar adheriuse ao servizo ATENPRO para ampliar a atención e protección das vítimas de violencia de xénero

O Concello do Pereiro de Aguiar adheriuse ao servizo ATENPRO para ampliar a atención e protección das vítimas de violencia de xénero

É un servizo que ofrece ás vítimas da violencia de xénero unha atención inmediata, asegurando unha resposta rápida ás posibles eventualidades que poidan xurdir calquera día do ano, en calquera momento e lugar.

O Ministerio de Igualdade, a través da Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero, é o titular do servizo, xestionado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) de acordo aos convenios anuais subscritos, sendo a Cruz Vermella a entidade que o presta.

O obxectivo fundamental do servizo ATENPRO é que a vítima senta segura e acompañada mentres dure o proceso para saír da situación de violencia, facilitándolle o contacto nunha contorna segura e posibilitando a intervención inmediata coa mobilización, no seu caso, dos recursos de atención que sexan necesarios.

O servizo baséase na utilización de telefonía móbil e de telelocalización. Permite que as mulleres vítimas de violencia de xénero poidan entrar en contacto cun centro atendido por persoal especificamente preparado para dar unha resposta adecuada á súa situación. O contacto co centro de atención realízase tan só apertando un botón.

Está dirixido a mulleres vítimas da violencia de xénero, podendo solicitar a incorporación ao servizo Atenpro nas instalacións do Centro de Información á Muller (CIM) Padre Feijóo do Concello do Pereiro de Aguiar.

 

DERCARGAR FOLLETO ATEMPRO