Nova xestion do uso do local municipal da urbanizacion de Monterrei

Co fin de facilitar o acceso e uso do local municipal da urbanización aos veciños e veciñas, e en resposta á petición da “ASOCIACIÓN DE VECINOS AMIGOS DE MONTERREI-PEREIRO”, cédese a xestión de uso de dito local á Asociación de Veciños.

O uso e desfrute do referido local corresponderá a todos os veciños e veciñas empadroados na Urbanización de Monterrei, sexan membros ou non da Asociación de Veciños que xestiona o local, e será compatible con outras actividades que autoricen en cada caso os responsables municipais.

Para solicitar o seu uso deben contactar coa “ASOCIACIÓN DE VECINOS AMIGOS DE MONTERREI-PEREIRO” a través dos seguintes medios:

  • [email protected] 
  • Por Whatsapp preferentemente nos teléfonos:
  • 616645874 (Dosi)
  • 677550932 (Diego)

Agradecemos de antemán a colaboración de todos os veciños e veciñas.