LUÍS MENOR PÉREZ, ALCALDE DO PEREIRO DE AGUIAR (OURENSE), FAI SABER QUE:
O Concello do Pereiro de Aguiar INFORMA SOBRE O USO DOS SEGUINTES LOCAIS MUNICIPAIS:
- PARQUE ELISEO FERNÁNDEZ (LOÑOÁ)
- LOCAL MUNICIPAL URBANIZACIÓN TAPADA DE BOUZAS
- LOCAL MUNICIPAL POLIVALENTE MELIAS
NORMAS DA APERTURA COMÚNS A TODOS:
O Concello prioriza en todo momento o benestar dos usuarios/as, polo que para poder solicitar e usar os locais establécese
a seguinte normativa:
Soamente se atenderán as solicitudes de Asociacións (veciñais, culturais, deportivas, etc.) inscritas no Pereiro de Aguiar e de persoas maiores de idade empadroadas no Concello do Pereiro de Aguiar.
FORMA DE SOLICITAR OS LOCAIS:
Para solicitalos será necesario presentar unha solicitude por escrito no Rexistro Xeral do Concello do Pereiro de
Aguiar a través dos medios establecidos:
- Presencial nas dependencias das oficinas municipais do Concello do Pereiro de Aguiar ou doutros rexistros oficiais do Estado, da Comunidade Autónoma ou Entidades locais, que conten co Sistema Integrado de Rexistro.
- Electrónico a través da sede electrónica do concello: https://concellopereiro.sedelectronica.gal/info.
- Por correo postal, remitindo ademais da solicitude copia do DNI ( NON SE ADMITIRÁN CORREOS ELECTRÓNICOS, NIN MENSAXES DE WHATSAPP, NIN RESERVAS TELEFÓNICAS ).
- Na solicitude, dirixida ao Concello, incluiranse os datos persoais e de contacto do solicitante, e deberá indicarse o local de que se trata, a data solicitada, o número de persoas participantes e o fin do uso para o que se solicita, non estarán permitidas actividades con ánimo de lucro.
- As asociacións ou persoas solicitantes, unha vez se lles comunique a concesión do permiso, asinarán unha declaración responsable que se lles facilitará, comprometéndose a respectar as normas de uso e manter o bo estado das instalacións, deixando os locais limpos e recollidos tal e como se lles entregan, sendo os responsables de calquera incumprimento da Lei ou dano material, unha vez asinada daráselles a autorización e deberán recoller e entregar as chaves da instalacións nas oficinas da alcaldía na Casa do Concello.
- Os usuarios dos locais non excederán no horario de uso do local das 23:00horas, para a protección do descanso do resto de veciños e veciñas
NORMAS PARTICULARES DE CADA LOCAL
- PARQUE ELISEO FERNÁNDEZ (LOÑOÁ): Asociacións inscritas no Concello do Pereiro de Aguiar e persoas empadroados/as no Concello do Pereiro de Aguiar maiores de idade.
- LOCAL URBANIZACIÓN TAPADA DE BOUZAS: Asociacións inscritas no concello e con domicilio social en Tapada de Bouzas, e veciños e veciñas maiores de idade empadroados e empadroadas na Urbanización de Tapada de Bouzas.
- LOCAL MELIAS POLIVALENTE: Asociacións inscritas no concello e con domicilio social en Melias, e veciños e veciñas maiores de idade empadroados e empadroadas na Parroquia de Melias.

