“UP2DOWN” TRASPEDIANTE
Espectáculo de danza-CIRCO CONTEMPORÁNEO
Espectáculo no encoro de Cachamuíña para toda a familia, o Sábado 31 de xullo ás 11.30 h. no Parque infantil ao lado do encoro de Cachamuíña.
Dúas bailarinas e dous cables de funambulismo dirixidas por un paiaso. ‘ Up2Down’ é un espectáculo de danza-circo contemporáneo no que o humor e a danza interactúan cunha disciplina circense nova en Galicia, o funambulismo, creando un universo singular.