INSCRICIÓN AULA CONCILIA PARA O CURSO ESCOLAR 2021/2022
Continuando coa normativa vixente de aplicación en materia de Covid-19 o Concello de Pereiro de Aguiar ten previsto seguir co Programa de Conciliación (Aula Concilia) do vindeiro curso 2021/22 a partires do 9 de setembro. Poderán acceder a el aquelas familias que, tendo fillos/as en idade escolar, entre 3 e 12 anos, necesitan compatibilizar os seus horarios laborais e familiares.
Inscrición:
- Do 26 de xullo a partir das 9:00h. ata o día 6 de agosto ás 24:00h, poderase realizar presencialmente) ou a través da sede electrónica. Deberase cubrir unha solicitude por cada neno/a.
Publicación das listas de admitidos:
- 27 de agosto, na páxina web do concello (pereiro.gal) e no blog da aula (piratasdaauladabaixo.blogspot.com).
Plazo de subsanación de erros:
- do 28 de agosto ao 31 de agosto (ambos incluídos).
Publicación das listas definitivas:
- 4 de setembro.
Requisitos imprescindibles:
- Que os proxenitores se atopen en situación de incompatibiliadade horaria para o coidado dos seus fillos/as.
- Que o/a proxenitor/a solicitante e o/a neno/a estean empadroados/as no Concello do Pereiro de Aguiar