Clases gratuitas para a preparación das Probas Celga

Clases gratuitas para a preparación das Probas Celga

O concello oferta clases gratuítas para a preparación das Probas Celga 2, 3 e 4

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou  probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4 que  terán lugar en novembro / decembro de 2023 en Santiago e Ponferrada.

Dende o concello ofertaranse clases gratuítas de apoio para preparar as devanditas probas.

Prazo de presentación das solicitudes: do 5 ao 25 de setembro

Información: Departamento de Educación de 9:00 h. a 14:30 h., teléfono: 622 202 697