Celebración do dia da bici en Pereiro de aguiar

Celebración do dia da bici en Pereiro de aguiar

Xa rematou un exitoso Día da Bici 🚲!

Queremos expresar o noso sincero agradecemento a todos os participantes, xa que establecemos un novo récord de asistencia coa participación de 270 ciclistas. Organizar este evento para a nosa comunidade sempre é un pracer, e a resposta de todos vós sempre é increíble.

Queremos facer unha mención especial e agradecer de corazón aos nosos voluntarios, así como a Protección Civil, Ges Pereiro e o club ciclista MAESE BIKE, que se encargaron da ruta para os máis pequenos e garantiron o bo desenvolvemento do evento.

Ademais, estendemos o noso agradecemento aos nosos colaboradores que fixeron posible este evento: INORDE, a Deputación Provincial, Código BIKE, Pereiro Park e Supermercados Atlántico. Sen o esforzo conxunto de todos eles, este evento non tería sido posible.

Convidámovos a buscar as vosas fotos na nosa galería de imaxes para revivir os mellores momentos do Día da Bici! 📸 🚴‍♂️ 🚴‍♀️