Bases reguladoras para a concesión de axudas para adquisición de libros de texto e/ou material escolar de Educación Infantil para o curso 2022/2023

Bases reguladoras para a concesión de axudas para adquisición de libros de texto e/ou material escolar de Educación Infantil para o curso 2022/2023

Publicación das bases reguladoras para a concesión de axudas para adquisición de libros de texto e/ou material escolar de Educación Infantil para o curso 2022/2023

Publicado en el Boletín Oficial Provincial de Ourense del 08/07/2022

VER BOP OFICIAL

É obxecto destas bases a regulación da concesión de axudas destinadas a facilitar a compra de libros e/ou material escolar, destinadas a unidades de convivencia con menor poder adquisitivo do Concello do Pereiro de Aguiar que teñan nenos e nenas ao seu cargo matriculados en 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, en centros públicos ou privados en tramos concertados.
Estas axudas fanse ao abeiro da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e normativa que a desenvolve, e a Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

As axudas serán incompatibles con calquera outra axuda que puidera percibirse coa mesma finalidade doutras institucións públicas ou privadas.

Destinatarios das axudas:

As familias con menor poder adquisitivo do Concello do Pereiro de Aguiar que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Convivir con menores ao seu cargo, escolarizados en centros de ensinanza públicos ou privados en tramos concertados en Educación Infantil.
  2. Estar todos os membros da unidade de convivencia empadroados no Concello do Pereiro de Aguiar como mínimo desde o 1 de xaneiro de 2022.
  3. Non superar os 8.500,00 € de renda per cápita anual (Computarase un membro máis no caso de presentar algún deles unha discapacidade igual ou superior ao 33%)

Para os efectos destas bases, considérase que forman a unidade de convivencia: os cónxuxes, parellas de feito, os fillos maiores e menores de idade, os ascendentes de cónxuxes e titores legais que conviven no mesmo domicilio, segundo o certificado de convivencia municipal.
Nos casos de separación ou divorcio, considerarase ao pai ou á nai que teña a custodia dos menores por sentenza xudicial. No caso de custodia compartida consideraranse a ambos proxenitores.
A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do Imposto sobre a renda das persoas físicas.
Cando se presentase declaración do Imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2021, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible de aforro (recadro 460); cando non se presentase, sumaranse os ingresos netos obtidos durante o exercicio 2021.

Lugar, prazo e forma de presentación das solicitudes

  • O prazo de presentación finalizará o 30 de setembro de 2022.
DESCARGAR BASES REGULADORAS DESCARGAR MODELO DE SOLICTUDE