Publicación das bases reguladoras para a concesión de axudas para adquisición de libros de texto e/ou material escolar de Educación Infantil para o curso 2022/2023
Publicado en el Boletín Oficial Provincial de Ourense del 08/07/2022
É obxecto destas bases a regulación da concesión de axudas destinadas a facilitar a compra de libros e/ou material escolar, destinadas a unidades de convivencia con menor poder adquisitivo do Concello do Pereiro de Aguiar que teñan nenos e nenas ao seu cargo matriculados en 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, en centros públicos ou privados en tramos concertados.
Estas axudas fanse ao abeiro da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e normativa que a desenvolve, e a Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
As axudas serán incompatibles con calquera outra axuda que puidera percibirse coa mesma finalidade doutras institucións públicas ou privadas.
Destinatarios das axudas:
As familias con menor poder adquisitivo do Concello do Pereiro de Aguiar que cumpran os seguintes requisitos:
- Convivir con menores ao seu cargo, escolarizados en centros de ensinanza públicos ou privados en tramos concertados en Educación Infantil.
- Estar todos os membros da unidade de convivencia empadroados no Concello do Pereiro de Aguiar como mínimo desde o 1 de xaneiro de 2022.
- Non superar os 8.500,00 € de renda per cápita anual (Computarase un membro máis no caso de presentar algún deles unha discapacidade igual ou superior ao 33%)
Para os efectos destas bases, considérase que forman a unidade de convivencia: os cónxuxes, parellas de feito, os fillos maiores e menores de idade, os ascendentes de cónxuxes e titores legais que conviven no mesmo domicilio, segundo o certificado de convivencia municipal.
Nos casos de separación ou divorcio, considerarase ao pai ou á nai que teña a custodia dos menores por sentenza xudicial. No caso de custodia compartida consideraranse a ambos proxenitores.
A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do Imposto sobre a renda das persoas físicas.
Cando se presentase declaración do Imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2021, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible de aforro (recadro 460); cando non se presentase, sumaranse os ingresos netos obtidos durante o exercicio 2021.
Lugar, prazo e forma de presentación das solicitudes
- O prazo de presentación finalizará o 30 de setembro de 2022.