Axudas para a adquisición de equipos informáticos

Axudas para a adquisición de equipos informáticos

Convocatoria e bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de equipos informáticos vinculados ao ensino regrado en liña para o curso 2022-2023.

Programa Reactiva Pereiro

É obxecto destas bases a regulación da concesión de axudas destinadas a facilitar a compra de equipos informáticos vinculados ao ensino regrado online para os cursos 2022-2023 Programa Reactiva Pereiro, destinadas ás unidades de convivencia con menor poder adquisitivo do Concello do Pereiro de Aguiar, que teñan fillos/as con idades comprendidas entre 3 e 25 anos ao seu cargo, matriculados/as en centros públicos ou privados en tramos concertados ou en centros universitarios ou de Formación Profesional, coa finalidade de diminuír a fenda dixital e favorecer a ensinanza telemática, cada vez máis habitual no proceso de aprendizaxe desta nova normalidade.

DESCARGAR BOP