BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DESTINADAS AO APOIO ECONÓMICO ÁS FAMILIAS NUMEROSAS DO CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR. REACTIVA PEREIRO 2025
1.-OBXECTO.
A finalidade desta convocatoria é proporcionar apoio económico a aquelas familias cualificadas como numerosas pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ou organismos análogos doutras Comunidades Autónomas.
A través da presente convocatoria propóñense a consecución dos seguintes obxectivos:
1.1. OBXECTIVOS ESTRATÉXICOS, OU DE PRIMEIRO NIVEL.
a) COMPOÑENTE SOCIAL. Preténdese chegar a aquelas familias numerosas que presentan unha maior necesidade de apoio, acreditada mediante a renda per cápita familiar.
b) FIXACIÓN DE POBOACIÓN.- Esta política de trato favorable a un grupo tan sensible como este reviste un especial interese para un Concello como o de Pereiro de Aguiar, na medida en que favorece o incremento de poboación, actuando ademais sobre o segmento de idade máis atractivo para posibilitar o crecemento demográfico do noso municipio sexa sostido no tempo.
1.2.- OBXECTIVOS INSTRUMENTAIS, OU DE SEGUNDO NIVEL.
Para a consecución dos obxectivos estratéxicos, establécense as seguintes liñas de actuación:
a) A base nº 5 establece límites de renda aos beneficiarios/ as, que ademais serán priorizados en base a este criterio no caso de que o crédito dispoñible non sexa suficiente para atender todas as solicitudes presentadas.
b) Esixir aos beneficiarios/ as unha antigüidade mínima no padrón de habitantes municipal.
2.- GASTOS SUBVENCIONABLES.
2.1 GASTOS SUBVENCIONABLES.
De acordo co previsto no artigo 30.7 da LGS, estas axudas que se concedan en atención á concorrencia dunha determinada situación no perceptor, que pola súa natureza presume a necesidade de incorrer en gastos de carácter extraordinario, polo que non teñen como obxectivo o financiamento dun gasto concreto, cuxa realización requira da previa individualización do mesmo, sen prexuízo dos controis que o Concello poida establecer para verificar a existencia das circunstancias que motivan a concesión da axuda.
2.2.- MOMENTO DE REALIZACIÓN DOS GASTOS FINANCIADOS.
As condicións indicadas nestas bases deberán reunirse polo solicitante durante o exercicio 2025.
3.-ORZAMENTO.
A contía máxima destinada a esta convocatoria financiarase a cargo da partida da aplicación orzamentaria 231.480.04.
Este orzamento poderá ser obxecto de modificacións/ampliación como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento deste programa.
4.- CONTÍA DAS ACHEGAS.
O importe individual das achegas concedidas ao amparo desta convocatoria será de 200,00 € mínimo por unidade de convivencia que cumpra os requisitos establecidos nesta convocatoria e determinarase conforme ás seguintes regras:
- A achega será idéntica na súa contía para todas as persoas solicitantes.
- O importe da achega determinarase unha vez pechado o prazo de presentación das solicitudes, dividindo o crédito orzamentario dispoñible entre o número de solicitudes con dereito a achega.
En todo caso, a achega non poderá exceder de 300,00 euros por solicitante.
5- PERSOAS DESTINATARIAS.
Poderán optar a estas axudas as unidades de convivencia que teñan fixada a súa residencia habitual no Concello do Pereiro de Aguiar, cun mínimo dun ano de antigüidade ininterrompido á data de presentación da solicitude, sempre que acrediten o cumprimento dos requisitos indicados nestas bases. A antigüidade esixirase a todas aquelas persoas que figuren no título de familia numerosa.
Entenderase por unidade de convivencia ao conxunto de persoas que convivan no marco físico coa persoa solicitante e se encontren vinculadas por parentesco (ascendentes e/ou descendentes) , ou por vínculo de adopción, garda, custodia, acollemento ou calquera outra forma de relación estable análoga á conxugal.
Serán requisitos necesarios para a concesión da axuda regulada nestas bases:
Requisitos referidos á unidade familiar.
a) Estar en posesión do título de familia numerosa en vigor no momento da solicitude.
Os/as fillos/ as que dean lugar á expedición do título de familia numerosa deberán nacer con anterioridade ou dentro do ano 2025.
b) Todos/ as os/as fillos/fillas incluídos no título de familia numerosa deberán formar parte da unidade de convivencia.
c) Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, a persoa beneficiaria da prestación será o pai/nai que teña a custodia dos fillos/as, de acordo co establecido no convenio regulador ou sentenza de separación, divorcio ou modificación de medidas. Os/as fillos/ as deben formar parte da mesma unidade de convivencia que o proxenitor que teña a custodia, xustificándoo mediante o certificado de convivencia. En caso de custodia compartida recibirase unha única axuda ao proxenitor que a solicite. No caso de que ambos os proxenitores tramitasen a solicitude por separado resolverase por orde de entrada da solicitude no Rexistro, non sendo admitida a trámite por este motivo a última solicitude.
d) No caso de que un dos proxenitores atópese traballando fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, e non figure empadroado neste municipio, deberá acreditalo con copia do correspondente contrato de traballo e calquera outro documento que acredite a residencia efectiva (contrato de aluguer, etc.)
e) No caso de que un mesmo menor dea lugar á expedición de dous títulos de familia numerosa, só se concederá esta axuda ao proxenitor que ostente a custodia deste menor ou menores.
f) No caso de familias monoparentais só se requirirá que figure empadroado cun ano de antigüidade o pai ou a nai que teña a custodia dos fillos/ as. Entenderase para estes efectos por familia monoparental aquela en que un dos proxenitores convive cos seus fillos/ as menores ou dependentes sendo ademais o responsable único dos mesmos.
g) No caso dos menores que teñan titor, requirirase que figure empadroado no padrón municipal o titor/-es do menor.
h) En ningún caso poderán ser beneficiarios/ as os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos/ as, ou se a tutela fora asumida por unha institución pública
Requisitos referidos á renda.
a) As unidades de convivencia deberán ter unha renda inferior aos seguintes límites máximos de renda:
| Nº MEMBROS | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | +8 |
| LÍMITE RENTA | 21.000,00 € | 28.000,00 € | 35.000,00€ | 42.000,00€ | 49.000,00€ | 56.000,00€ | 1.803,73€ adicionales por membro |
A renda da unidade familiar, será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables á unidade de convivencia, que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda de persoas físicas.
O importe abonado en concepto de aluguer ou hipoteca pola residencia habitual deducirase dos ingresos netos da unidade familiar, cando esta sexa a única vivenda titularidade dos membros da unidade de convivencia. O límite máximo de dedución por este concepto ascende a 6.000,00 € anuais.
A concesión destas axudas será como límite global o crédito da convocatoria indicado na base 3, priorizando a situación económica da unidade familiar no caso de que este límite non alcanzase a cubrir todas as solicitudes presentadas.
Outros requisitos.
A totalidade de integrantes da unidade de convivencia deberán estar ao corrente na data de solicitude e pago no cumprimento dos seus deberes tributarios (AEAT, Deputación e Concello do Pereiro de Aguiar), así como coa Seguridade Social. Ningún deles poderá incorrer nos supostos aos que se refire o artigo 13.2 da LGS. Ningún dos integrantes da unidade de convivencia poderá ter pendente de xustificación ningunha achega concedida polo Concello, a non ser que se lles foi concedida unha prórroga.
6.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
6.1.- LUGAR DE PRESENTACIÓN.
As solicitudes deberán ser presentadas no rexistro xeral do Concello do Pereiro de Aguiar, de maneira presencial ou a través da sede electrónica, ou en calquera dos outros rexistros públicos aos que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de Procedemento administrativo común das administracións públicas.
6.2.- PRAZO DE PRESENTACIÓN.
O prazo para presentar as solicitudes será de 1 mes que comenzará a partir do día seguinte ao da publicación do extracto destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
6.3.- DOCUMENTACIÓN INTEGRANTE DAS SOLICITUDES.
As solicitudes deberán achegarse nos modelos normalizados que figuran como anexos ás presentes bases:
- ANEXO 1. Solicitude de axuda. A solicitude deberá presentarse no modelo normalizado que figura como anexo ás presentes bases (Anexo 1), subscrito en representación da unidade familiar por calquera dos proxenitores ou titor/es, que teñan atribuídas as funcións relativas ao exercicio da patria potestade dos menores ou membros da familia que figuren no título de familia numerosa.
- ANEXO 2. Declaración responsable (Anexo 2) Asinada por todos os membros maiores de 18 anos que formen parte da unidade de convivencia.
Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación:
a) Fotocopia compulsada do DNI/NIF ou calquera outro documento acreditativo da identidade do/a solicitante.
b) Fotocopia compulsada do título de familia numerosa en vigor.
c) Documento bancario onde se indique o número de código IBAN no que haxa de efectuarse o ingreso da axuda, con indicación do titular da conta bancaria, que deberá coincidir co solicitante da axuda.
d) De ser o caso, copia cotexada de auto de medidas provisionais, sentenza de nulidade, separación, divorcio e do convenio regulador ou sentenza de modificación de medidas.
e) De ser o caso, fotocopia compulsada do documento que acredite a condición de titor do menor.
f) De ser o caso, fotocopias compulsadas dos xustificantes do pago de aluguer da vivenda ou xustificante do pago de hipoteca do ano obxecto da convocatoria (2023). Esta deberá ser emitida pola entidade de crédito correspondente, especificando a contía total amortizada e o concepto (vivenda habitual), ou calquera outro documento que acredite tal condición (escritura de compravenda, etc.)
g) De ser o caso, contrato de traballo ou calquera outro documento que acredite a residencia efectiva cando un dos proxenitores por razón de traballo resida fose da Comunidade Autónoma de Galicia.
h) Copia cotexada da última autoliquidación do IPRF presentada (correspondente ao exercicio 2024), de cada un dos membros maiores de 18 anos que formen parte da unidade de convivencia.
No caso de que por parte dalgún membro da unidade non existise obrigación de presentar a declaración do IRPF, o interesado deberá achegar o certificado de retencións expedido pola empresa ou nóminas así como dos certificados de percepcións de pensións ou prestacións (referidas ao exercicio 2024), ou subsidiariamente, declaración xurada de ingresos percibidos nese ano, sen prexuízo de achegarse, neste caso, certificación da AEAT sobre os datos fiscais daqueles.
No caso das vítimas de violencia de xénero (acreditación de vítima de violencia de xénero, medidas provisionais, sentenza ou orde de afastamento correspondente) eximirase da presentación da autorización ou declaración do IRPF do agresor.
7.- TRAMITACIÓN, XESTIÓN DAS SOLICITUDES E CONCESIÓN DE AXUDAS.
1.- Recibidas as solicitudes, os servizos administrativos do Concello de Pereiro de Aguiar, procederán ao seu estudo, tramitándose nos seguintes termos:
- No caso de que a documentación presentada estivese incompleta, o Concello remitirá un requirimento de emenda de deficiencias, concedendo un prazo de dez días hábiles para a presentación da documentación ou emenda de erros que proceda.
- Unha vez concluído o proceso de instrución, a Alcaldía ditará resolución co seguinte contido:
- As solicitudes non admitidas a trámite, por terse presentado fóra de prazo ou ser insuficiente a documentación presentada e non ter emendado en prazo as deficiencias documentais observadas.
- Solicitudes denegadas, por incumprimento dos requisitos establecidos na convocatoria.
- Solicitudes concedidas, con indicación da contía da achega aplicable.
A súa resolución notificaráselle a todos os solicitantes no prazo máximo de seis meses desde o final do prazo de presentación de solicitudes, expresando, de maneira motivada, se foi desestimada ou estimada a solicitude, para os efectos de posibles recursos.
A notificación efectuarase nos termos establecidos no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de Procedemento administrativo común das administracións públicas.
A falta de resolución expresa en prazo implicará a desestimación da solicitude da axuda sen prexuízo do indicado no artigo 24 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de Procedemento administrativo común das administracións públicas.
A resolución ditada poñerá fin á vía administrativa e contra a mesma caberá interpoñer ben recurso contencioso-administrativo, ou ben, potestativamente e con carácter previo a leste, recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou. A presentación do recurso de reposición poderá efectuarse no prazo sinalado no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de Procedemento administrativo común das administracións públicas. (un mes desde a notificación da resolución de repartición de axudas). A interposición do recurso contencioso administrativo poderá efectuarse no prazo indicado no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición Contencioso-Administrativa (dous meses desde a notificación da resolución de repartición de achegas).
2.- O pagamento das axudas concedidas realizarase de oficio, mediante transferencia á conta corrente indicada polas persoas solicitantes, no prazo máximo de quince días naturais dende a data de publicación na sede electrónica da resolución de concesión.
8.- XUSTIFICACIÓN E PAGO.
De acordo co previsto no artigo 30.7 da LGS, estas axudas concédense en atención á concorrencia dunha determinada situación no perceptor, polo que non se requirirá doutra xustificación que a acreditación polos medios indicados na base 6ª. En todo caso dita situación ha de ser previa á concesión, sen prexuízo dos controis que o Concello poida establecer para verificar a súa existencia.
O pago efectuarase na conta designada para ese efecto polas persoas interesadas
9.- CONTROL POSTERIOR DAS AXUDAS CONCEDIDAS.
Para os efectos previstos no artigo 75.3 do RD 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, a comprobación das axudas concedidas levará a cabo da seguinte maneira:
9.1.- NÚMERO TOTAL DE EXPEDIENTES OBXECTO DE REVISIÓN.
1. As solicitudes presentadas serán numeradas en función da data e da hora de presentación no Rexistro Xeral do Concello.
2. De entre todas as solicitudes atendidas, seleccionaranse un 15 % para o seu control posterior.
A cantidade así obtida será redondeada ao exceso ata conseguir un número enteiro. O número de expedientes que se revisen non será nunca inferior a dous.
9.2.- EXPEDIENTES OBXECTO DE REVISIÓN.
Os expedientes concretos obxecto de revisión serán seleccionados da seguinte maneira:
- A solicitude presentada en último lugar será revisada sempre.
- Os demais expedientes que se revisen serán os consecutivamente anteriores ao indicado no anterior apartado.
10.- REINTEGRO DAS AXUDAS.
As axudas serán reintegradas nos supostos previstos no artigo 37 da Lei 38/2003 do 17 de novembro.
11.- OUTRAS SUBVENCIÓNS OU AXUDAS.
As achegas concedidas ao amparo desta convocatoria son compatibles con outras que puidesen obter os/ as beneficiarios/ as doutras administracións públicas polo mesmo motivo.
12.- RÉXIME SANCIONADOR.
O beneficiario quedará sometido ás responsabilidades e réxime sancionador disposto na Lei Xeral de Subvencións e, se é o caso, ao disposto no Código penal (Lei Orgánica 10/95, do 23 de novembro).
Será de aplicación o réxime sancionador previsto no Título IV da Lei 38/2003, xeral de subvencións, desenvolto polo Título IV do Regulamento da citada Lei.
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS.
DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA – Órganos de control das achegas concedidas.
Os/ as beneficiarios/as das axudas concedidas polo Concello quedarán obrigados/ as a someterse aos procedementos de controis ou auditoría que realicen polos seus propios medios ou a través de empresas colaboradoras a Intervención municipal, o Consello de Contas de Galicia, o Tribunal de Contas e calquera outros órganos de control interno ou externo, nacional ou europeo.
DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA – Incorporación ao rexistro público de subvencións.
Para os efectos de salvagárdaa do dereito das persoas participantes na presente convocatoria á protección dos seus datos de carácter persoal, de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre Protección de datos de carácter persoal e pola Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, faise constar que os datos das axudas concedidas quedarán incorporados ao rexistro público de subvencións, nos seguintes termos:
- En cumprimento do disposto no artigo 20.1 da Lei 38/2003, Xeneral de Subvencións e demais normativa de desenvolvemento, os datos da subvención concedida e a identificación dos beneficiarios/serán remitidas á Intervención Xeral do Estado, para que sexan incorporados á Base de Datos Nacional de Subvencións, coa exclusiva finalidade prevista no devandito precepto.
DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA – Protección de datos achegados coa solicitude.
1.- O tratamento polo Concello dos datos persoais achegados polas persoas solicitantes fúndase no disposto nos apartados c) e e) do artigo 6 do Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos, así como no artigo 6.2 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección dos datos de carácter persoal, ao ser a achega dos datos e informacións esixida nas presentes bases necesaria para o cumprimento do disposto na lexislación xeral de subvencións, así como para a comprobación do cumprimento dos requisitos e valoración das solicitudes consonte ao indicado nas propias bases.
En consecuencia, a negativa a facilitar estes datos ao Concello determinará a exclusión da persoa interesada do procedemento.
2.- En cumprimento do establecido no artigo 13 do Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos, infórmase aos interesados do seguinte:
- A responsabilidade do tratamento dos datos é do Concello de Pereiro de Aguiar, cuxo representante legal é o seu Alcalde, don Luis Menor Pérez, con domicilio para os efectos de notificacións na praza do Concello, n.º 1, 32710, en O Pereiro de Aguiar (Ourense), teléfono de contacto 988259385 e correo electrónico: [email protected].
- O delegado de protección de datos é Servizos de Adaptación Continua en Protección de Datos RB, S.L. có que poderá contactar en [email protected].
- Os datos subministrados coa solicitude destínanse unicamente a garantir o cumprimento do establecido na lexislación xeral de subvencións, a comprobar que a persoa solicitante reúne os requisitos establecidos para poder ser beneficiaria.
En cumprimento do establecido nos artigos 20 da Lei 38/2003 xeral de subvencións e 8.1.c) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia e bo goberno, a información relativa ás axudas concedidas será obxecto de publicación segundo se prevé na normativa de aplicación na Base de Datos Nacional de Subvencións e no portal de transparencia do Concello de Pereiro.
Non obstante o anterior, e de conformidade co establecido no artigo 20.8.b) da Lei Xeral de Subvencións, non serán obxecto de publicación os datos persoais dos beneficiarios, que unicamente se cederán a terceiros nos supostos previstos no apartado e) desta base, se é necesario para a satisfacción do interese lexítimo seguido polo responsable do tratamento o polo terceiro ao que se comuniquen os datos, sempre que non prevaleza o dereito do interesado de acordo coa normativa de protección de datos.
A estes efectos, na publicación cada axuda concedida identificarase exclusivamente polo número de rexistro de entrada da solicitude correspondente. As publicacións referidas manterase durante un prazo mínimo de catro anos dende a realización da publicación, podendo, a partir dese prazo, ser suprimida de xeito motivado a publicación de oficio polo Concello ou ben a solicitude das persoas interesadas, dirixida ao responsable do tratamento.
- A base xurídica do tratamento dos datos achegados coa solicitude é a necesidade deses datos para o cumprimento das obrigas legais que impón a lexislación xeral de subvencións, en tanto que Administración pública concedente (artigo 6.1.c) do Regulamento UE 2016/679) e, no caso dos datos para acreditación do cumprimento dos requisitos específicos da convocatoria e valoración de solicitudes, a necesidade deses datos para dar satisfacción á finalidade de interese público perseguida coa presente convocatoria (artigo 6.1.e) do Regulamento UE 2016/679).
- Os datos subministrados ao Concello serán tratados polo persoal autorizado para a tramitación da solicitude, suxeitos a deber de reserva.
Sen prexuízo do anterior, os datos subministrados polo solicitante poderán ser cedidos a terceiras persoas nos seguintes casos:
- A membros da corporación que o soliciten, aos xulgados e tribunais, para os efectos da resolución dos recursos xudiciais que poidan interpoñerse contra a decisión de adxudicación, así como ao Ministerio Fiscal, Valedor do Pobo, Defensor del Pobo, Tribunal de Contas e Consello de Contas, na medida en que sexa necesario para o exercicio das funcións destas autoridades públicas.
- Ás persoas que o soliciten ao abeiro do disposto na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia e bo goberno, previo expediente contraditorio con audiencia do/a interesada/o titular dos datos e nos termos previstos na dita lei.
- En ningún caso se transferirán os seus datos persoais a un terceiro país nin a unha organización internacional.
- Os datos subministrados conservaranse nos arquivos do Concello de forma indefinida, para os únicos efectos da súa conservación conforme ao disposto na lexislación sobre arquivos do sector público e na lexislación sobre patrimonio documental cultural.
- As persoas interesadas poderán solicitar en todo momento da Alcaldía do Concello o acceso aos seus datos, así como a súa rectificación, de ser o caso. Poderá solicitarse a limitación do tratamento dos ditos datos, referida á súa publicación, unha vez transcorrido o prazo de catro anos previsto nas presentes bases. Poderá formularse igualmente a oposición ao tratamento dos datos, motivada pola situación particular do interesado, nos termos previstos no artigo 21 do Regulamento UE 2016/679.
Os dereitos sinalados neste apartado poderán exercerse mediante escrito dirixido á Alcaldía do Concello. De conformidade co disposto no artigo 20.3 do Regulamento UE 2016/679, non será de aplicación o dereito á portabilidade dos datos subministrados ao Concello neste procedemento.
- En todo caso, as/os interesadas/os poderán formular as reclamacións que considere oportunas en relación co tratamento dos seus datos persoais ante a Axencia Española de Protección de Datos.
- En ningún caso se procederá á adopción de decisións automatizadas nin á elaboración de perfís persoais cos datos subministrados, que non serán obxecto de tratamentos diferentes aos expresamente previstos nesta cláusula.
DISPOSICIÓN FINAL
Para o non previsto nesta convocatoria serán de aplicación as normas incluídas na Lei 38/2003, xeneral de subvencións e no seu Regulamento e na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

