O Concello do Pereiro de Aguiar ten previsto seguir co Programa de Conciliación (Aula Concilia) o próximo curso 2022/23.
Poderán acceder a el aquelas familias que, tendo fillos/as en idade escolar, entre 3 e 12 anos, necesiten compatibilizar os seus horarios laborais e familiares. As solicitudes poderanse presentar nas oficinas de rexistro do concello ou a través da sede electrónica.