Anuncio DOG

Anuncio DOG

Por Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, declarouse a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, acti-vouse o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), e adoptáronse unha serie medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia como consecuencia da evolución da epide-mia do coronavirus COVID-19.No punto décimo terceiro, durante o tempo de vixencia do dito acordo, establécese unha limitación na cabida dos velorios e tanatorios a un terzo da súa capacidade máxima e, así mesmo, os cortexos fúnebres quedan reducidos a un máximo de 25 persoas. Non obs-tante, tendo en conta a situación actual, cómpre seguir tomando medidas na restrición de movementos ou contacto social, fundamentalmente para reforzar a seguridade daquelas persoas máis vulnerables (anciáns, persoas con pluripatoloxía ou inmunodeprimidos), co obxectivo de evitar a exposición ao virus e minimizar o risco de transmisión.Con data do 22 de marzo de 2020, foi publicada a Orde SND/272/2020, do 21 de marzo, pola que se establecen medidas excepcionais para expedir a licenza de enterramento e o destino final dos cadáveres ante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. Esta establece que a inscrición no Rexistro Civil e a posterior expedición da licenza de en-terramento poderán ser realizadas pola autoridade competente sen que teñan que pasar, polo menos, vinte e catro horas desde o falecemento. Esta entra en vigor o mesmo día da súa publicación e estará vixente mentres dure o estado de alarma.O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de marzo de 2020, polo que se adop-tan as medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, autoriza a Consellería de Sanidade a establecer, de acordo coa normativa aplicable e á vista da evolución da situación, todas aquelas medidas adicionais ou complementarias que sexan necesarias.

Button