Anuncio Aprobación proxecto para a construción de aparcamento en Monterrei e proxecto de expropiación de parcela

Por Acordo do Pleno de data 26 de setembro de 2024, aprobouse definitivamente a relación de bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa para a realización das obras contidas no Proxecto Técnico da obra “construcción aparcamento en superficie”, así como a designación nominal dos interesados cos que deben entenderse os sucesivos trámites, quedando declarada a necesidade de ocupación dos mesmos, o que se publica aos efectos do artigo 21 da Lei de Expropiación Forzosa de 16 de decembro de 1954.