Parque remodelado, área recreativa de Cachamuiña

🛝🌳 O parque de Cachamuíña segue a medrar como un lugar de referencia para pasar o tempo libre en Pereiro de Aguiar. As últimas melloras no parque infantil fan que sexa máis seguro, accesible e divertido para nenos e nenas de todas as idades.

Agora as instalacións contan con chan de caucho, un columpio para cadeiras de rodas e incluso unha árbore solar para cargar o móbil. Ademais, xunto co parque canino e a pasarela peonil, Cachamuíña ofrece un espazo pensado para gozar ao aire libre, en familia e sen barreiras.

A Deputación, encargada da xestión desta área recreativa, inviste máis de 560.000 euros en incrementar os servizos deste punto de encontro, reforzando o compromiso de seguir mellorando as instalacións e facer de Cachamuíña un lugar onde todas as persoas se sintan benvidas.