Aberto o prazo de xullo e agosto, para as persoas que queiran solicitar praza na Escola Infantil de cara ó baremo extraordinario de setembro para o curso 2021 – 2022
- Os impresos de preinscrición, así como a documentación que debe achegarse están dispoñibles na Escola e na páxina web do Consorcio: escolasinfantisdegalicia.es ou igualdadebenestar.org
- Para a presentación das solicitudes e a documentación, as familias poderán empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365
- Prazo de entrega de solicitudes con cita previa: durante o mes de xullo na escola e en agosto por Rexistro oficial.
- Solicitar cita para entregar a documentación na escola no tfno: 988 380 258 de 9h a 16.30h.