Xornadas Micolóxicas

Xornadas Micolóxicas o 7 e 8 de novembro

Día 7 de novembro: Obradoiro de cociña micolóxica de 10.00 h a 14.00 h no Albergue de Ordelles.

Haberá que traer mandil de cociña e un recipiente para levar o sobrante no caso de non xantar na instalación.
Día 8 de novembro: Saída micolóxica de 10.00 h a 18.00 h aproximadamente.

Para esta xornada os participantes deberán levar comida para o xantar, cesta e navalla.
O custo da actividade é de 12 euros por persoa.
A inscrición será por estrita orde de chamada e tendo prioridade as persoas empadroadas no Concello. O número de prazas de esta edición é de 20 persoas, se houbese lista de espera suficiente faremos outra edición os días 14 e 15 de
novembro.

Se estás interesado na actividade pódeste anotar na Biblioteca Pública, a través do correo electrónico: [email protected] ou no teléfono 988 259 839.