Xornada de Prevención da Violencia de Xénero

Xornada de Prevención da Violencia de Xénero
Dende o programa de Igualdade animámosvos a asistir a /Xornada de Prevención da Violencia de Xénero/ do sábado 26 de setembro no salón de actos do Centro de Día dos Gozos. Ese día falaremos sobre a violencia histórica a que están sometidas as mulleres ó longo do planeta así como identificar as causas estruturais que as causan, desmontar os discursos patriarcais que os sosteñen e, o máis importante, trataremos de actuar para entretecer redes colectivas de coidados onde actuar para previr todas as manifestacións de violencia de xénero contra as mulleres.
Animádevos a vir!
As normas de seguridade de prevención da COVID-19 serán respectadas en todo o momento. Uso obrigatorio de mascara.