VI Festa Infantil o sábado 29 de agosto as 17:00 horas.

Haberá xogos populares, inchables, festa da escuma no Pavillón Municipal.

A Festa da Escuma abre a programación para o curso 2015-2016

A Festa da Escuma, a celebrar o próximo 29 de agosto no Pavillón municipal de O Pereiro de Aguiar, abrirá a programación municipal para o curso 2015-2016, de setembro a xuño, promovida polos servizos de Deportes, Cultura e Mocidade, Biblioteca e Educación. Na xornada do próximo día 29, a partires das cinco da tarde haberá xogos populares, inchables e festa da escuma, que farán as delicias dos mais pequenos.