Venres de consumo responde especial xoguetes e produtos de Nadal

Venres de consumo responde especial xoguetes e produtos de Nadal

Lembramos que a Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, puxo a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.

Este venres 1 de decembro ás 12.30 celebraremos a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre os nosos dereitos como persoas consumidoras relacionados co CONTROL DE MERCADO (en especial xoguetes e produtos de Nadal) .
Faremos unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
Xuntamos a esta nova as charlas abertas que levaremos a cabo este mes de decembro e principios de xaneiro:
Toda aquela persoa que desexe participar únicamente ten que acceder este venres ás 12.30.

Cómo participar?

  1. Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
  2. Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
  3. Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma. OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en “Únase desde el navegador”
  4. UNIRSE Á REUNIÓN

Vémonos!