Venres de consumo responde especial hipotecas

Lembramos que a Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, puxo a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.

Este venres 5 DE ABRIL ás 12.30 celebraremos a través da aula virtual de consumo unha actividade na que faremos chegar a toda a xuventude de Galicia uns pequenos consellos para aprender sobre hipotecas.
Faremos unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
Toda aquela persoa que desexe participar únicamente ten que acceder este venres ás 12.30.

Deixamos aqui as datas e temas dos venres de consumo responde para o mes de abril

Cómo participar?

  1. Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
  2. Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
  3. Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, despois prema na ligazón para acceder á mesma. OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en “Únase desde el navegador”
  4. UNIRSE Á REUNIÓN

Vémonos!