Lembramos que a Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, puxo a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.
Polo que os venres de abril ás 12.30 celebraremos a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre NOVIDADES NORMATIVAS EN MATERIA DE CONSUMO o venres día 14 de abril, GARANTÍAS E SERVIZOS POSTVENTA o venres 21 de abril e O BONO SOCIAL ELÉCTRICO E O BONO TÉRMICO o venres 28 de abril.
Cómo participar?
- Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma. OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en “Únase desde el navegador”
- UNIRSE Á REUNIÓN