✨ O CIM do Pereiro organiza unhas sesións de ? defensa persoal feminina coas que se pretende que as mulleres do noso municipio aprendan técnicas de autoprotección e protocolos básicos para mellorar a seguridade e aumentar a autoestima e autoconfianza.
? Os cursos son gratuítos, sendo financiados con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
?? Impartiranse por Juan José Martínez, adestrador de defensa persoal feminina e cinturón negro 4º Dan de Kung-fu, creador do Método MAS, no complexo deportivo municipal en dúas sesións programadas para o domingo 19 de outubro en horario:
? 10:00 – 14:00
? 16:00 – 20:00
? Poderase acudir indistintamente á xornada completa ou a cada unha das sesións.
? A finalidade do curso é que a muller teña ferramentas suficientes para sentirse segura ante unha situación de risco en todos os ámbitos da súa vida.
✍️ As interesadas poderán inscribirse a partir de hoxe nas oficinas do CIM sitas no concello do Pereiro, ou chamando aos ☎️ teléfonos:
? 699.583.252 / 988.032.554
? ou enviando unha solicitude ao correo electrónico: [email protected] indicando:
? Nome, Apelidos, ? Idade e ? Teléfono / ✉️ Correo electrónico de contacto.


