Talleres de defensa persoal fememnina

Talleres de defensa persoal fememnina

O CIM do Pereiro organiza unhas sesións de defensa persoal feminina coas que se prentede que as mulleres do noso municipio aprendan técnicas de autoprotección e protocolos básicos para mellorar a seguridade, e aumentar a autoestima e autoconfianza.

Os cursos son gratuitos, sendo financiados con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, impartiranse por Sara Sequeiros Ludeiro, técnica deportiva nivel I e cinturón negro 3er de kárate, no complexo deportivo municipal en dúas sesións programadas para o luns 21 e mércores 23 de novembro en horario de 19:00 a 20:30 horas.

Nas sesións traballaranse técnicas para responder a unha agresión, incluíndo resolución ante agarres e empuxóns de todo tipo.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigurosa orde de inscrición.

As interesadas poderán inscribirse a partir de hoxe e ata o día 18 nas oficinas do CIM sitas no concello do Pereiro, ou chamando aos teléfonos: 699.583.252/ 988.032.554, ou enviando unha solicitude ao correo electrónico: [email protected] indicando:

  1. nome
  2. apelidos
  3. idade
  4. teléfono
  5. e-mail de contacto.