ÁBRESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á “AULA CONCILIA, SEMANA SANTA 2019”
- Dias: 15, 16, 17, 22.
- Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais.
- Prazo de entrega: do 1 ao 5 de abril .
- Publicación das listas de admitidos: 9 de abril no blog da aula e no blog do concello.
Os usuari@s que xa utilizaron o servizo durante este curso escolar, só deberán inscribirse na aula, os novos deberán presentar a seguinte documentación:
- Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
- Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
- Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
- Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
- Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
5.1. Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
5.2. No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
- Certificado de empadroamento no concello dalgún dos proxenitores ou d@ nen@.
- Fotografía de carné d@ menor (nen@s de 4º de infantil).
Tfno. de información 988 25 93 85