O Pavillón de deportes:
O Concello dispón dun pavillón, unha instalación deportiva situada na Chaira, ao carón do Colexio Público Ben-Cho-Shey.
Os servizos que se ofertan van dende o aluguer das pistas polideportivas para a práctica de deportes como o fútbol e o baloncesto, ximnasio, ata unha oferta variada de actividades destinadas á poboación en xeral.
A instalación non dispón de teléfono pero para calquera consulta poden chamarnos ó teléfono do concello.