Servizo de Atención de Pediatría no Centro de Saúde do Pereiro de Aguiar.

O día 4 de febreiro comezou a funcionar o servizo de Atención de Pediatría no Centro de Saúde do Pereiro de Aguiar.

Infórmase de que se trata dunha extensión do servizo que actualmente existe no Centro de Valle Inclán, polo que todos aqueles nenos e nenas que teñan designado pediatra alí xa poden optar por solicitar cita no Pereiro sen necesidade de facer ningún cambio administrativo, e sendo compatible o novo servizo con seguir acudindo a Valle Inclán, podendo elixir en cada momento o lugar que se axuste mellor as súas necesidades e segundo a dispoñibilidade de cita de ambos centros.

Como pedir cita para a pediatría de Pereiro?

A opción de solicitude de citas de pediatría para o Centro de Saúde do Pereiro de Aguiar polo momento non aparece na aplicación de internet de Cita de Atención primaria do SERGAS, e deberán solicitarse no Centro do Pereiro de Aguiar ou no Centro de Valle Inclán, telefonicamente ou de xeito presencial.

Agardamos que en breve a opción do Pereiro apareza tamén nos seus aplicativos do SERGAS.