Sendeiro mixto peonil e ciclista pola estrada que une a Urbanización Veiga de Baixo coa intersección do río Loña

Sendeiro mixto peonil e ciclista pola estrada que une a Urbanización Veiga de Baixo coa intersección do río Loña

O Concello do Pereiro de Aguiar dotará dunha senda mixta peonil e ciclista á estrada que une a Urbanización Veiga de Abaxo coa intersección cara ao río Loña, na súa marxe dereita. Este proxecto está financiado con fondos da UE Next Generation a través do Plan de Transformación e Recuperación da Resiliencia, correspondente á primeira convocatoria de axudas para promover estilos de vida saudables. (PRTR-NGUE).

Esta actuación permite incorporar a actividade física ás accións concretas da vida diaria e contribúe a reducir os desprazamentos en vehículo privado a motor, promovendo tanto a mobilidade activa como a redución do uso de enerxías fósiles, contribuíndo así á mobilidade sostible.

  • Proxecto: Sendeiro peonil e ciclista no Pereiro de Aguiar (1a Fase).
  • Traballo e financiamento: 39.985,65 €
  • Resolución FEMP: 17/11/2022