1.- Chamar á Garda Civil ao teléfono 062. Senón lembramos o número, pódese solicitar axuda a través do 112.
2.- Non tocar nada, nin deixar entrar a ninguén ata que cheguen os axentes da Garda Civil.
3.- Manter libre a liña telefónica de contacto ata que cheguen os axentes.
Consellos xerais a ter en conta.
- Procure non ter na casa demasiados obxectos de valor. No caso de telos, faga un inventario dos mesmos, coas súas características máis importantes (marcas, inscricións, etc.), modelo, número de fabricación se o ten, e una fotografía.
- Trata de agochar o mellor posible a documentación máis importante (cadernos bancarios, talonarios de cheques, pólizas de seguros, etc. ), sobre todo aquela documentación que poidan ter a túa sinatura.
- Desconfía dos “servizos técnicos” que non solicítache (auga, luz, gas, telefonía, televisión, etc…) Pide ao persoal técnico que se acrediten e confirma por teléfono coa compañía o servizo que che ofrece.
- Antes de saír da casa, comproba que queden ben pechadas portas e ventas. Pecha sempre con chave, aínda que te ausentes por pouco tempo.
- Se perdiches as túas chaves, cambia as pechaduras das portas canto antes.
- Non deixes chaves agochadas nas proximidades da túa casa (xardín, patio, garaxe….)
- Reforza a porta con sistemas de seguridade: blindaxe, reforzos nas bisagras, …
- Se tes posibilidade contrata un sistema de alarma. O son das sereas ou similares actúa como efecto disuasorio.
- Ante ausencias longas, procura non deixar indicios da túa ausencia (plantas secas, caixa de correo chea, persianas baixadas..)
- A roupa tendida, persianas medio baixas ou a activación dun programador horario de acceso de luces, son medidas que indican que a vivenda está ocupada. Pide a alguén de confianza que coide da túa casa mentres estás fora e déixalle un teléfono de contacto.
Non comentes diante de persoas descoñecidas a intención de saír a fin de semana ou uns cantos días.