Resultados dos concursos de Nadal no Pereiro

Resultados dos concursos de Nadal no Pereiro

CONCURSO DE ADORNOS DO ÁRBOL DE NADAL.
“Tal e como se recolle nas bases, para a valoración terase en conta deseño, orixinalidade, e utilización de recursos reciclados ou da natureza.
Tal e como se recolle no punto 3. das bases: “Materiais empregados:
Cada participante pode presentar dous adornos que deben ser de elaboración propia, é dicir, non poden mercarse como tal. Os materiais a empregar son libres.
É imprescindible que os adornos poidan colgarse na árbore, non podendo empregarse polo tanto o resto de espazos para tal fin”.

Categoría infantil, o gañador é Martiño Rodríguez Casas.
Categoría adultos, o gañador/a é Cristina Pérez Laso.

CONCURSO DE VIVENDAS E NEGOCIOS.
Tal e como se recolle nas bases, para a valoración terase en conta deseño, orixinalidade, iluminación e utilización de recursos reciclados ou da natureza.
Categoría familiar:
O primeiro premio: David López Blanco .
O segundo premio: Marcos González Cadavid. .
Categoría de negocios:
O primeiro premio : Restaurante Santabaia.
O segundo premio: Bar Plaza.

CONCURSO DE BELÉNS.
“Tal e como se recolle nas bases, tendo en conta o deseño, a orixinalidade e o tamaño da obra”, outorgáselle o premio ao belén da Parroquia de Santa Marta de Moreiras.

TODOS OS PREMIADOS DOS DIFERENTES CONCURSOS, PODEDES PASAR A RECOLLER OS VOSOS PREMIOS A PARTIR DO 7 DE XANEIRO NA BIBLIOTECA PÚBLICA, DE 9.30 h. a 14.30h ou ben de 16.00 h. a 20.30 h.