Reiníciase o uso dos seguintes locais municipais

Reiníciase o uso dos seguintes locais municipais

O Concello do Pereiro de Aguiar reinicia o uso dos seguintes locais municipais a partir do 10-02-2022

Debido á situación actual marcada pola COVID-19, a apertura destes espazos estará sempre condicionada ás recomendacións sanitarias vixentes no momento da solicitude.

O Concello PRIORIZA EN TODO MOMENTO a seguridade dos usuarios/as, polo que para poder solicitar e usar os locais establécese a seguinte normativa:

Soamente se atenderán as solicitudes de Asociacións (veciñais, culturais, deportivas, etc.) inscritas no Pereiro de Aguiar e de persoas maiores de idade empadroadas no Concello do Pereiro de Aguiar.

NORMAS PARTICULARES DE CADA LOCAL

  • PARQUE ELISEO FERNÁNDEZ (LOÑOÁ): Asociacións inscritas no Concello do Pereiro de Aguiar e persoas empadroados/as no Concello do Pereiro de Aguiar maiores de idade.
  • LOCAL URBANIZACIÓN TAPADA DE BOUZAS: Veciños e veciñas da Urbanización de Tapada de Bouzas, empadroados no Concello maiores de idade.
  • LOCAL URBANIZACIÓN MONTERREI. Veciños e veciñas da Urbanización de Monterrei, empadroados no Concello maiores de idade.
  • LOCAL MELIAS POLIVALENTE. Veciños e veciñas da Parroquia de Melias, empadroados no Concello maiores de idade.

 

Agradecemos de antemán a colaboración de todos os veciños e veciñas para tomar as precaucións precisas para preservar a saúde pública.

 

DESCARGAR AVISO