Unha película baseada na figura histórica da rexión de Cangas, dirixida por Ignacio Vilar que trata a intolerancia, a violencia de xénero e a represión do corpo e da mente.
O filme trata dun afamado director que chega a Cangas do Morrazo, para reconstruir no teatro a historia de María Solinha, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII. A protagonista da obra de teatro sofre, no século XXI, agrios ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII
A Proxección será o 1 de Agosto ás 22:30 na Praza do Concello