Continuando co noso compromiso coa igualdade e eliminación da violencia de xénero, o concello do Pereiro a través do seu Centro de Información á Muller, presenta a súa programación de actividades para a tempada de outono inverno 2022-23.
Un nutrido cartel de actividades dirixidas a toda a poboación, con clara intención de continuidade ao longo de todo o ano, que trata de fomentar a participación de toda a veciñanza, facendo especial énfasis na formación nos centros educativos en temas como a violencia nas TIC e a formación afectivo sexual.
Para calquera información:
- 699583252
- 988032554
- cim@pereiro.gal