Programa Salubrízate

Programa Salubrízate
O Concello de O Pereiro de Aguiar quere participar no programa Salubrízate no Pereiro de Aguiar, a través da asociacion Aloumíñate, co obxetivo de previr situacións de vulnerabilidade social, promover estilos de vida saudables, fomentar as relacións veciñais, fomentar as capacidades da propia persoa, valorar, cubrir e facer un seguimento das necesidades de atención persoais. Está destinado ao acompañamento de persoas maiores que viven soas e/ou carecen dunha rede de apoio social ou familiar.

Accións:

– Aprender a usar o teléfono mobil, ordenador, tablet para realizar xestións a través de internet.
– Apoio para cubrir as necesidades inmediatas de acompañamento a citas médicas.
– Asesoramento e seguimento de pautas de saúde: medicación, alimentación, exercizo físico, etc.
– Manter contacto social a través de chamadas telefónicas periódicas de apoio á soidade e a cobertura de necesidades.
– Manter relacións sociais con outras persoas.
– Fomentar a participación nas actividades sociais do concello.

Destinatarios:

Maiores de 65 anos que vivan soas e carezan dunha rede de apoio familiar ou social e asinen e acepten o acompañamento destas persoas voluntarias.
Contactar con servizos sociais do concello 988 259 385 se coñecedes algunha persoa que desexe participar.
Tamén vos animamos a participar neste proxecto como voluntarios si así o desexades.