Programa de axudas para Actuacións de Rehabilitación Enerxética

Programa de axudas para Actuacións de Rehabilitación Enerxética

O Instituto Galego de Vivenda e Solo publicou o día 6 de novembro de 2020 a Resolución do 04/11/2020 pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes.

Obxecto: Actuacións de rehabilitación enerxética en vivendas unifamiliares e edificios existentes construídos con anterioridade a 2007.

Prazo de presentación: Ata o 31 de xullo de 2021.

Actuacións subvencionables e contías:

  • Mellora envolvente térmica: actuacións en fachadas, cubertas, carpinterías exteriores, etc. (35%)
  • Mellora da eficiencia enexética e de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, ventilación e auga quente sanitaria (35%).
  • Mellora nas instalacións de iluminación (15%).

Documentación indispensable para a admisión da solicitude:

  • Informe xustificativo asinado pola persoa solicitante.
  • Certificado da eficiencia enerxética do edificio alcanzado tras a reforma proposta.
  • Proxecto ou memoria técnica, no caso de que non se requira proxecto.

Enlace da convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201106/AnuncioC3Q2- 291020-0002_gl.pdf

Para obter máis información pode acudir ao Departamento de Servizos Sociais do concello ou chamar ao número de teléfono 988 25 93 85.

 

DESCARGAR