Programa de actividades para conmemorar o 25N Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Programa de actividades para conmemorar o 25N Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

O Concello do Pereiro de Aguiar, no seu afán pola consecución dunha sociedade igualitaria e libre de todo tipo de violencias, ven a organizar unha serie de actividades para conmemorar o 25N Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

O obxectivo é sensibilizar a poboación fronte a violencia de xénero que afecta a todas e todos por igual, e facela partícipe dun xeito activo, co obxectivo de visibilizar esta lacra social, e facerse coas ferramentas axeitadas para poder previla, atallala e combatila, todo iso partindo dende a formación nas etapas máis temperás para sentar as bases que afianzarán á mocidade en valores de igualdade, respecto, resolución pacífica de conflictos e solidaridade.

PROGRAMACIÓN PARA O 25N:

CONCURSO DE DEBUXOS 25N

Do 25 de outubro ao 12 de novembro

  1. Participación: os/as partícipes deberán identificar mediante un debuxo un dos tipos de violencia contra a muller que identifiquen/coñezan, visibilizando ou amosando unha forma de atallado, podendo escribir un lema sobre cómo abordar/previr unha situación de violencia, facer unha viñeta representativa ou debuxar unha escea
  2. Prazo participación: do 25 de outubro ao 12 de novembro, os debuxos/cómics enviaranse ao correo-e do CIM: [email protected]. Na presentación dos debuxos farase constar en concepto de asunto: “Concurso de Debuxo 25N”, indicando: nome, apelidos, idade, domicilio, teléfono e enderezo electrónico de cada partícipe. Os debuxos poderán presentarse tamén de xeito presencial nas oficinas do Centro de Información á Muller CIM Padre Feijóo sitas no edificio do Concello do Pereiro
  3. Obxectivo: coñecer as principais violencias machistas que afectan á xuventude do Pereiro segundo a sua visión, qué identifican como violencia?, cómo previr a violencia?
  4. Partícipes: dúas categorías:
    1. Nenos/as de 6 a 11 anos (ambos incluídos)
    2.  Mocidade de 12 a 17 anos (ambos incluídos)
  5. Selección das/dos gañadoras/es: as/os gañadoras/es serán elixidos polo tribunal composto por persoal do concello
    1. O debuxo gañador de cada categoría (un debuxo gañador por categoría) servirá para facer os carteis da conmemoración do 25N día internacional da violencia de xénero no Pereiro
  6. Premios: 100€ a cada debuxo gañador (un gañador por categoría)
  7. Cerimonia de entrega de premios: as/os gañadoras/es serán recibidos nun acto polo Alcalde e concelleiras de Igualdade
  8. Dereitos de propiedad: Cada partícipe cede tódolos dereitos en relación co traballo realizado e presentado ao Concello do Pereiro de Aguiar, así como dereitos de manipulación, edición, exposición e reproducción dos debuxos.
  9. Selección das/dos gañadoras/es: o fallo emitirase o día 15 de novembro, e comunicaranse o resultado ás/aos gañadores mediante vía telefónica e a través da web e redes sociais oficiais do Concello.

MARCHA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Sábado 20 noviembre ás 11:30 horas

Co obxectivo de INVOLUCRAR A SOCIEDADE NA SENSIBILIZACIÓN CONTRA ESTA LACRA SOCIAL E FACELA PARTÍCIPE NA SÚA VISIBILIZACIÓN

  1. A marcha discurrirá polo encoro de Cachumuíña ao longo de 4 km, facendo unha parada no Parque da Igualdade, onde terá lugar a lectura dun manifesto en contra da violencia de xénero e en pro da igualdade real.
  2. Entregarase aos partícipes unha pulseira conmemorativa polo 25N co lema do concello “O control non é amor, Pereiro en marcha contra a violencia”

PROGRAMA DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL “COÑÉCETE”

Do 29 novembro ao 21 decembro

Programa impartido por Raquel Graña, psicóloga-sexóloga e coach educativa, terá lugar nos centros escolares CEIP Ben-Cho-Shey, CPI José García García, e Colexio Plurilingüe Guillelme Brown, ao longo de tres semanas consecutivas no que se abordará a educación sexual dende o punto de vista teórico e con dinámicas grupais.