Programa da III Festa Etnográfica do Pereiro

III Festa Etnográfica do Pereiro de Aguiar

7 de Agosto en Loñoá, Concello do Pereiro de Aguiar.

Programa:

  • 11:30 Apertura da III Festa Etnográfica do Pereiro a cargo do Alcalde do Concello do Pereiro de Aguiar D. Luís Menor.
  • 11:30 Comezo dos obradoiros de Xogos Populares e Tradicionais co Centro Cultural Xaquín Lorenzo e dos obradoiros infantís e para adultos
  • 12:00  Recepción de autoridades e actuación da Escola de Música Tradicional do Pereiro de Aguiar
  • 12.30 Roteiro Teatralizado das Olas polo pobo de Loñoá: Unha mirada ao pasado (saída ao carón da capela)
  • 16:30 Comezo dos obradoiros infantís e para adultos
  • 18:30 Contacontos a cargo de Anxo Moure para nenas e nenos: O cesteiro dos contos e a pescadora de historias.
  • 20:00 Concerto-foliada a cargo do Grupo de Danzas Castro Floxo
  • 21:00 Horario oficial de recollida das paradas da festa

Estarán todo o día:

  • Diferentes oficios tradicionais (olería, cestería, talla en madeira, instrumentos musicais, apicultura, tecido artesán, palilleiras, ferreiro)
  • Obradoiros infantís e para adultos: Aprendendo o oficio de Oleira e de Cestería